Inicio

Benvidos a este recuncho do BLUES, á casa de BLUESONS.
Nesta páxina sentiredes, veredes, e escoitaredes BLUES, feito por nós para os de aquí e os de acolá.
Convidámoste a pasar e coñecernos, para que saibas o que facemos, e onde atoparnos.
Agardamos que che guste.
Saúdos e Benvido.
Pasa sen chamar, e disfruta.

 


O NOSO 1º CD

Xa está na rúa  o noso primeiro CD: FERROBLUES.

Si. Estamos enchidos. Gustounos o resultado final. Deberías de comprobar si toleamos ou decimos verdade…

Envíanos un correo si queres conseguir unha copia.

Tamén podes escoitalo e mercalo en:

Amazon

iTunes

Spotify

Está composto por 14 temas compostos e arranxados na súa totalidade polo grupo:

  • Benvidos ao Blues (Tino C.)
  • Grolo Amargo (Tino C.)
  • Espreguizamento (Tino C.)
  • Chus (Jose E.)
  • Camiño Paralelo (Tino C.)
  • Galeblues (Bluesons)
  • Blues Consentido (Tino C.)
  • Vaite (Manu M.)
  • Lobishome (Tino C.)
  • Isorna (Manu M.)
  • Orden Mundial (Tino C.)
  • Non Cobrei (Jose E.)
  • Sí, son muller (Tino C.)
  • Ata a Próxima (Tino C.)

A gravación, mesturas e masterización realizámola nos estudios G-Music en Narón, A Coruña.

IMG_0398

Temos a sorte de contar con Ramón Prego como baterista, que nos gravou a batería en tódolos temas, excepto en “Chus” que a fixo Jota Parker e Pedro Lourés.

Necesitábamos tamén unhas voces femeninas e viñeron a botarnos unha man  Irene Martín (Hilda Rock) e Lidia Sanmartín (Adufeiras da salitre) á que exprimimos pedíndolle que tocase as pandeiretas, adufes, cunchas…

Carlos Vazquez achegouse e axudounos a cantar algunha estrofa en “Non cobrei”.

Miguel Ezquerro encargouse da gaita en “Isorna”  e Diego Díaz (Polisong) os punteos en “Orden Mundial”.

 

No tema de maquetación, fotografías e outros menesteres pouco relacionados co pentagrama, depositamos a nosa confianza en O Bardo David 

Moitísimas gracias a todos

Non queremos esquecer a tódolos que nos axudáchedes a facer realidade este CD, colaborando coa campaña de micromecenado. Sin vos non o teríamos feito.

grazas!


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anuncios